6 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BETANZOS

 


Home / Novas / Concello / OS SOCIALISTAS TACHAN DE REPROBABLE A AC

Concello

OS SOCIALISTAS TACHAN DE REPROBABLE A ACTITUDE DÉSPOTA DE FARALDO NA XESTIÓN LOCAL E ADVIRTEN QE NON VAN CONSENTIR QUE SE SALTE OS ACORDOS PLENARIOS

Ramón García, portavoz do PSdeG-PSOE de Betanzos puxo como exemplo as obras da praza Irmáns García Naveira, onde se deixou en evidencia unha tendencia ás obras faraónicas e cara o exercicio déspota do poder Os socialistas iran todo o lonxe que politicamente sexa necesario para evitar esta actitude da alcaldesa

 

30/07/2010

 

 

Betanzos, 29 de xuño de 2010. O grupo municipal do PSdeG-PSOE ven de esixir á alcaldesa de Betanzos, María Faraldo, que asuma e responda polas consecuencias das súas malas decisións políticas en lugar de escudarse tras as os informes técnicos emitidos polo persoal do concello.

 

O portavoz socialista, Ramón García, ven de cualificar de “politicamente reprobable” o recurso constante da alcaldesa popular de Betanzos aos informes dos técnicos municipais para xustificar accións políticas que, segundo o concelleiro do PSdeG-PSOE, foron tomadas polo grupo de goberno, e persoalmente pola rexedora local, en contra do parecer dos veciños de Betanzos.

 

Estas decisións, continúa o socialista García, nada teñen que ver coa execución da obra e si moito coa “arbitrariedade con que se manexa a primeira edil” no desenvolvemento das súas competencias.

 

Os socialistas citan como exemplo a remodelación da Praza dos Irmáns García Naveira, onde sen atender a mais criterios que o da propia alcaldesa, se acometeu unha obra que non só desgustou á maioría dos veciños pola inadecuada elección dos elementos engadidos ao conxunto existente, senón que “deixou en evidencia a tendencia da alcaldesa cara as obras faraónicas, faraldónicas, poderíase dicir”, bromeou o portavoz socialista.

 

Salientan os socialistas que “o capricho converteuse en pauta de funcionamento neste concello”, como, segundo apunta Ramón García, queda patente na modificación do tráfico do entorno da praza anteriormente citada. “Faraldo enganou aos veciños, fixo caso omiso ás súas propostas e despoticamente aplicou un cambio na ordenación da circulación que rematou en caos”.

 

O grupo municipal do PSdeG-PSOE acusa ademais a Faraldo de ter comprometido aos hostaleiros da praza e de situalos eventualmente nun limbo legal, ao instar a alcaldesa ás cafeterías da zona á ocupación dos espazos para terraza e ser logo incapaz de sacar a concurso estas instalacións. Os socialistas recollen as queixas dos propietarios, “que agora temen polas condicións do concurso, e os gastos que se deriven deste”, dixo García.

 

A LECCIÓN DO PLENO SOBRE A PRAZA DEBERA  TER SERVIDO PARA QUE FARALDO CAMBIASE DE ACTITUDE, PERO SEGUE REINANDO O DESPOTISMO LOCAL

 

Os socialistas tiñan a esperanza que, tras a aprobación por maioría da súa moción instando a recuperar o tradicional sentido do tráfico na zona da Praza de Irmáns García Naveira, servira de “lección” para a alcaldesa popular. Pero pasado un tempo, Ramón García constatou que “o despotismo segue instalado no concello”.

 

Os socialistas esperaban tamén que a situación de inferioridade nos plenos podería ter afectado no xeito de goberno dos populares, amosando unha maior actitude para o diálogo, pero, “lonxe disto, o que está a suceder e que a alcaldesa segue antepoñendo o seu parecer persoal sobre os acordos plenarios”. Ramón García, insiste en que “esta situación non a imos deixar pasar” e “ imos continuar sendo rigorosos na nosa labor de oposición, levándoa, politicamente ata as últimas consecuencias”, advirte o portavoz socialista.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Venezuela, nº 34-36. baixo 15300 Betanzos (A Coruña) Tfno.: 981771274
E-mail: betanzos@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera