Home / Novas / Concello / MOCIÓN PARA DESTINAR 50.000 € Á EXECUCIÓ
MOCIÓN PARA DESTINAR 50.000 € Á EXECUCIÓN DA 1ª FASE DUN CENTRO SOCIAL EN VILA DE SUSO.
O Grupo Socialista presentou una moción para destinar 50.000 €uros á construcción dun local social nos terreos que o Concello posúe en Vila de Suso.
|
24/07/2010
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
En anteriores mandatos unha das prioridades foi dotar, paulatinamente, aos diversos barrios e lugares, de centros sociais onde os veciños puideran exercer actividades culturais e lúdicas, ao mesmo tempo de servir de punto de encontro e nexo da unión veciñal. Froito desta prioridade foi a dotación dos centros de Piadela, Guiliade, Xan Rozo, Infesta, Angustias, Betanzos O Vello, A Ribeira, Saavedra Meneses,..., así como a mellora doutros centros como os de Castro e As Minas e a consecución de locais na Condesa e Pintor Seijo Rubio ou terreos en Vila de Suso e Viuxa. Recentemente esta Corporación aprobou unha proposta do grupo socialista na que se retiñan 100.000 €uros para mellorar a dotación existente en Saavedra Meneses. .Cremos que é preciso seguir mellorando neste apartado e, dado que en Vila de Suso xa existen terreos de titularidade municipal e que, cuns 130 veciños de dereito,nun dos núcleos mais importantes que están pendentes de dotar cun centro social, o Grupo Municipal Socialista propón ao pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes ACORDOS 1. Destinar a cantidade de 50.000 € para a execución da 1ª Fase do Centro Social de Vila de Suso. 2. Facultar á Alcaldesa ou Concelleiro no que delegue a levar a bo fin este acordo.
|
|
|