Home / Novas / Concello / FALTA DE LEALDADE INSTITUCIONAL
FALTA DE LEALDADE INSTITUCIONAL
Polos comunicados de prensa dados pola Alcaldesa, o Concello de Betanzos xa debe ter tres ou catro vehículos de limpeza e con grúa para o servizo de electricidade, mais o certo e que estes dous vehículos, que tantas veces foron adquiridos polo Concello, pagounos integramente a Deputación.
|
23/07/2010
A Alcaldesa de Betanzos, antepoñendo o seu desmedido partidismo aos intereses dos veciños, amosando unha total falta de lealdade institucional e de escrúpulos, ultimamente, prodígase en continuos ataques conta a Deputación Provincial da Coruña, ocultando, de xeito deliberado, os importantes investimentos que esta institución esta a levar adiante en Betanzos, posiblemente, polo remordemento de conciencia que ten trala actuación do seu grupo político para con Betanzos, durante os 16 anos do goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia.
A Alcaldesa oculta que Betanzos, nos últimos tres anos, recibiu da Deputación preto de 3.000.000 € de fondos para investimentos e subvencións para o municipio. As seguintes obras, por exemplo, están financiadas pola Deputación:
- Convenio de Rehabilitación do cine Alfonsseti................315.868,48 €
- Acondicionamento locais da Condesa............................. 77.802,30 €
- Mellora evacuación augas pluviais en Bellavista............... 70.862,45 €
- Reordenación Praza Irmáns Garcia Naveira...................... 93.696,54 €
- Melloras no campo de fútbol do Carregal.......................109.537,29 €
- Saneamento en Requián............................................... 86.348,20 €
- Acondicionamento Cuberta Escola Infantil Municipal.......150.328,85 €
- Mellora e reposición dos parques infantís de Castro, Xan Rozo e Vila de Suso.......................................................................... 57.716,90 €
- Mellora e reposición dos parques infantís de Betanzos O Vello, Infesta e Guiliade...................................................................... 49.673,91 €
- Canalización da rede eléctrica Cortaduría e Irmandiños..... 20.127,97 €
- Renovación Servizos en Alfonso IX................................ 87.446,13 €
- Saneamento do Cepiño...............................................151.601,09 €
- Saneamento da Rúa....................................................100.900,15 €
- Programa de Aforro Enerxético.....................................100.000,00 €
- Acondicionamento do entorno do Pasatempo.................129.183,65 €
- Ingreso para gastos correntes (fondos que poden destinarse para as melloras viarias de Castro e Angustias).........................120.644,38 €
- Saneamento Proxecto Río Mandeo................................418.300,00 €
- Ruta de sendeirismo Río Mandeo..................................357.462,13 €
- Adquisición vehículo con plataforma aérea...................... 55.680,00 €
- Adquisición vehículo de limpeza.................................... 33.408,00 €
Chama poderosamente a atención estes dous últimos investimentos, xa que a compra dos vehículos para limpeza e para o servizo de electricidade do Concello foron pagados integramente pola Deputación, mentres que a Alcaldesa, dos que acotío está a dar comunicados de prensa sobre a súa adquisición, en ningún momento fixo mención algunha a quen financiou a mesma.
|

|
|