6 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BETANZOS

 


Home / Novas / Concello / FOTOGRAFÍA FIXA DUNHA CIDADE SUCIA E ABA

Concello

FOTOGRAFÍA FIXA DUNHA CIDADE SUCIA E ABANDONADA.

O exemplo que o Concello proxecta sobre, mantemento, limpeza e ornato deixa moito que desexar.

 

20/07/2010

 

 

Nas últimas datas, a Sra. Alcaldesa, prodígase en notas de prensa con advertencias aos hostaleiros, comerciantes e veciños, en xeral, sobre o depósito de lixo nos colectores.

Ao Grupo Socialista a existencia dunhas normas de funcionamento, e o seu cumprimento, parécelle axeitado, mais tamén cremos que os gobernantes temos que dar exemplo e aportar solucións ás distintas situacións. E neste sentido, queremos trasladarlle á Sra. Alcaldesa, que o exemplo que o Concello proxecta sobre, mantemento, limpeza e ornato deixa moito que desexar. É deplorable, a FOTOGRAFÍA FIXA DUNHA CIDADE SUCIA E ABANDONADA.


Sobre a retirada do lixo, como VICEPRESIDENTA DO CONSORCIO DAS MARIÑAS, institución encargada da recollida do mesmo, dicirlle que é necesario ter en conta a época estival e a existencia dunha importante cantidade de comercios e hostalería que necesitan depositar o lixo e, polo tanto, que lle busquen solucións.


En definitiva, cremos que a Sra. Alcaldesa e o seu grupo de goberno, debían perder menos tempo na súa insistente propaganda e centrarse mais en traballar e buscar solucións á cidadanía, en xeral.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Venezuela, nº 34-36. baixo 15300 Betanzos (A Coruña) Tfno.: 981771274
E-mail: betanzos@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera