6 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BETANZOS

 


Home / Novas / Concello / O PSOE DE BETANZOS AFIRMA QUE “SE A ALCA

Concello

O PSOE DE BETANZOS AFIRMA QUE “SE A ALCALDESA NON SE ENTEROU DE QUE A OBRA NON TIÑA PERMISO DE PATRIMONIO, DIFÍCILMENTE PODERÍA SABER QUE SE LLE CONCEDEU UNHA SUBVENCIÓN”

Os socialistas denuncian que os traballos de restauración da Porta do Cristo foron encargados a persoal non especializado alleo ao concello e sen permiso de Patrimonio

 

26/02/2010

 

O portavoz do grupo municipal socialista de Betanzos, José Ramón García, insistiu hoxe nas “múltiples irregularidades” que se están a dar nas obras de restauración da Porta do Cristo e xustificou que a alcaldesa non coñecera que a Deputación outorgaba unha subvención para as obras, “xa que tampouco sabía que facía falta un permiso de Patrimonio para as mesmas”.

Segundo denuncian os socialistas, os traballos de restauración no tímpano do retablo existente na Porta do Cristo están a ser realizados por persoal non especializado e alleo ao Concello e sen contar cos preceptivos permisos e supervisión das actuacións por parte de Patrimonio, que obrigou ao Concello a paralizar as obras ante esta grave infracción, tras a denuncia efectuada por un particular.

José Ramón García lembra que a subvención de 19.000 euros da Deputación da Coruña da que non tiña coñecemento a alcaldesa é precisamente para estas obras de restauración e recuperación do patrimonio histórico, “nas que a alcaldesa non está a poñer demasiada atención e interese, segundo evidencia o cúmulo de irregularidades coas que se están a desenvolver os traballos. Se a alcaldesa non se enterou de que a obra non tiña premiso de Patrimonio, difícilmente podía enterarse de que se lle concedeu unha subvención”, afirmou .

Neste sentido, apuntou que o grupo socialista “fai todo o posible para que Betanzos poida contar con axudas e subvencións para mellorar a vida dos seus veciños, ao contrario do que facía a alcaldesa cando estaba na oposición”.

Postura de CxB

Os socialistas anunciaron que pedirán a CxB, que ostenta a concellería de Cultura, que se pronuncie acerca de se coñecía estas irregularidades e que manifeste públicamente se respalda as actuacións levadas a cabo pola alcaldesa.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Venezuela, nº 34-36. baixo 15300 Betanzos (A Coruña) Tfno.: 981771274
E-mail: betanzos@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera