6 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BETANZOS

 


Home / Novas / Concello / CASCO HISTÓRICO: TORRE DE LANZÓS E CASA

Concello

CASCO HISTÓRICO: TORRE DE LANZÓS E CASA GÓTICA

As declaracións de intencións non son a solución aos problemas do Casco Histórico.

 

25/02/2010

 

Na Xunta de Goberno Local do pasado 20/01/2010, os grupos de goberno –P.P.+CxB- denegaron a petición de declaración de ruína do inmoble sito na rúa Santiago (TORRE DE LANZÓS) coa rúa da Torre (Casa R/Lanzós nº 23), solicitada polo propietario por non quedar de manifesto ser unha ruína inminente nin ruína económica. Esta actuación produciuse uns días antes de que polos medios de comunicación coñeceramos o incumprimento –un mais- do propietario da Casa Gótica sobre a súa restitución ao estado orixinal, que nin sequera fora iniciada.

  • A Torre de Lanzós, edificación de orixe medieval e de grande interese civil- sufriu diversas reformas ao longo dos anos e, na actualidade, atópase cun tellado deteriorado que deixa correr as augas entre muros polo que o tempo corre inexorablemente na súa contra, correndo o perigo xa non de ruína senón dun posible derrubamento.
  • A Casa dos Vilouzás –popularmente coñecida como Casa Gótica- considerada a mais antiga de Betanzos (século XV), está a cumprir os seus peores augurios. As actuacións levadas a cabo supuxeron o derribo do monumento privándoa da fábrica orixinaria que fará que a súa reconstrucción xamais será exactamente igual.

 

No Grupo Socialista lamentamos a falta de iniciativas da Alcaldesa e do goberno P.P.+CxB sobre este e outros temas do Casco Histórico onde se limitan a continuas notas de prensa sen a toma de decisións efectivas. Lamentamos que non se tivera en conta a proposta do Grupo Socialista ao Pleno de Setembro de 2009 onde propuñamos a adquisición destes dous inmobles –ben mediante negociación ou por expropiación aproveitando os ingresos da venda das parcelas do polígono que, por lei, teñen que ser destinados a investimentos- e dedicalos a Museo do Camiño Inglés, Arte Sacra Comarcal, do Viño de Betanzos e Comarca, ou outras posibilidades que se estudiaran. A PROOSTA FOI REXEITADA POLOS GRUPOS DE GOBERNO SENDO TACHADA POLO VOCEIRO DO P.P. DE INOPORTUNA E IRRESPONSABLE.

 

A vista de cómo se van desenvolvendo os acontecementos o grupo socialista pregúntase si é de responsable cruzarse de brazos e deixar que os acontecementos se produzan polo seu propio peso e que edificios emblemáticos referentes do patrimonio betanceiro terminen na total e absoluta ruína.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Venezuela, nº 34-36. baixo 15300 Betanzos (A Coruña) Tfno.: 981771274
E-mail: betanzos@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera