6 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BETANZOS

 


Home / Novas / Concello / Á ALCALDESA E A CxB O CASCO HISTÓRICO NO

Concello

Á ALCALDESA E A CxB O CASCO HISTÓRICO NON LLES INTERESA

O novo sentido da circulación imposto polo bipartito prexudica claramente aos veciños dos Anxeles e a Cruz Verde que se ven obrigados a dar un longo rodeo para acceder ás súas vivendas.

 

12/02/2010

 

Cando P.P. e CxB asinaron o pacto de goberno e fixeron o reparto de concellerías esquecéronse de crear unha concellería específica para o Casco Histórico como existira no anterior mandato.

 

En anteriores mandatos leváronse a cabo diversas iniciativas no  ámbito do casco histórico. Ao PEPOCH e ao inventario de ruínas engadíronse a exención do imposto de construccións, varias execucións subsidiarias así como numerosas negociacións con propietarios para regularizar situacións. Despois de intensas xestións no ano 2003 conseguiuse asinar un Convenio entre o Ministerio de Fomento, a Xunta e o propio Concello para a creación da oficiña de rehabilitación, oficiña que permitiu a realización de proxectos de rehabilitación sen custo para os propietarios e o acceso a subvencións para levar a cabo as obras. Destacando, ademais, as numerosas recuperacións feitas polo Concello no seu patrimonio.

 

Pasados tres anos, con este mandato do bipartito, os resultados saltan á vista:
·        A Oficiña de Rehabilitación estivo longo tempo sen funcionamento por falta do persoal técnico.
·        As subvencións concedidas non se pagan dilixentemente o que motiva o desánimo dos propietarios.
·        Non existe un seguimento dos casos mais urxentes nin por negociacións nin por execucións subsidiarias hasta que se produce o inevitable derrubamento, limitándonos á propaganda da realización de continuos inventarios...
·        Asistimos impasibles á situación da Casa Gótica e o entorno da Torre de Lanzós.
·        Nós mesmos, Concello, agredimos ao ámbito histórico coas obras do Palco da Música, da Praza, e a falta de iniciativas con respecto ao tráfico rodado. Acometemos obras sen consenso, sen negociación e información aos veciños afectados, impoñemos un sentido de tráfico claramente prexudicial e ilóxico para moitos veciños e .... logo.... buscamos solucións !!!!

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Venezuela, nº 34-36. baixo 15300 Betanzos (A Coruña) Tfno.: 981771274
E-mail: betanzos@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera