6 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BETANZOS

 


Home / Novas / Concello / XESTIÓNS INSTITUCIONAIS

Concello

XESTIÓNS INSTITUCIONAIS

Ramón García mantivo varias xuntanzas na unidade técnica da Deputación Provincial para interesarse por diversos proxectos que esta entidade está a levar a cabo.

 

09/02/2010

 

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Ramón Garcia Vázquez,fixo, días pasados, unha serie de xestións diante da unidade técnica da Deputación Provincial. Interesándose por varios asuntos de interese para os veciños entre os que cabe destacar:

 

  • Situación do Proxecto reformado da Mellora e Ampliación da Estrada entre Betanzos e Vilouzás.

     

  • O remate e a atención dalgunhas demandas veciñais na obra da Travesía de Piadela.

     

  • Mellora da Estrada de Roibeira-Bravío

     

  • Mellora na sinalización dos núcleos de Vila de Suso, Piadela, Guiliade na estrada entre Guísamo e Guiliade e a mellora da sinalización de Xan Rozo na estrada de Vilacoba.

     

 

 

Tamén se interesou e amosou o seu apoio a varias peticións feitas desde o Concello como o Proxecto Mandeo onde están previstas varias actuacións interesantes para Betanzos; os saneamentos do Cepiño, A Rúa de Gas e a mellora da seguridade vial en Castro.

 

 

 

O Grupo Socialista espera que a estas melloras, algunhas delas xa en marcha, se lle de un pulo importante en próximas datas.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Venezuela, nº 34-36. baixo 15300 Betanzos (A Coruña) Tfno.: 981771274
E-mail: betanzos@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera