Home / Novas / Concello / ALBERGUE DE PEREGRINOS: XACOBEO 2021?
ALBERGUE DE PEREGRINOS: XACOBEO 2021?
Mais dun ano levan paradas as obras do futuro albergue. O teremos rematado para o 2021?
|
05/02/2010
No ano 2008 a Xunta do bipartito adquiriu un edificio emblemático no Casco Histórico para destinalo a Albergue de Peregrinos. As obras iniciáronse ese ano có desmonte interior e a intención de que puidera ser utilizado durante o Xacobeo deste ano 2010.
Finalizado Xaneiro do 2010 as obras levan un ano paradas atopándose o edificio no mesmo estado que ao remate do 2008 sen que a Xunta do P.P. e a propia Alcaldesa fixeran nada por retomar a cuestión atopándonos, agora, cun edificio abandonado víctima da desidia e da falta de interese.
A Alcaldesa, -quen se intentou apuntar o tanto da adquisición da Xunta anunciando aos catro ventos a posta en marcha do Albergue para este Xacobeo no que nos veríamos desbordados de peregrinos – agora, víctima da súa propia incapacidade, transmite irresponsablemente o contrario: que o albergue non é tan necesario e que os peregrinos pasan de largo sen apenas visitar Betanzos.
Sra. Alcaldesa, un pouco de sentido común e de responsabilidade. Se non é quen de facer valer a súa representatividade diante da Xunta de Galicia xestionando a continuidade das obras polo menos cale e non espante aos visitantes que se interesen en visitar a nosa cidade cargada de historia e cultura milenaria.
|

|
|