O Grupo Socialista referiuse anteriormente aos baúis de Verona e a súa compra presentando, mesmo, unha pregunta no Pleno da Corporación sobre o seu custe e a quen se lle ían entregar, xa que se adquiriron dúas unidades para mais dunha vintena de postos no mercado semanal.
Estes baúis, cun custo unitario duns 24.000 €uros, supoñen, para o noso grupo, un despilfarro mais froito do capricho da Alcaldesa. A súa escasa utilidade, pola dificultade de manexo, fai impensable o seu almacenamento, traslado e colocación, cada dous días, ao lugar de celebración do mercado ou, alguén se imaxina a praza ocupada continuamente por 25 baúis que nos custarían uns 600.000 €uros?.
Para o Grupo Socialista o intento de mellora das condicións do mercado semanal non sería reprochable, feito desde o sentido común e a sensatez, mais non despilfarrando recursos e contando a destempo cos propios interesados.
Como pode pretenderse agora cun posto de venda baseado na economía da subsistencia poida facerse cargo da totalidade ou parte dos gastos de adquisición destes baúis?.
Este gasto únese a outras decisións inexplicables como o aluguer do pino do Nadal polo que por 15 días pagamos 9.000 €uros, ou o aluguer das carrozas da insulsa cabalgata de reis que nos custaron 18.000 €uros, ou os sete bancos de deseño que nos custaron 5.600 €uros...Así non é de estrañar que suban a contribución en porcentaxes abusivos do 40-50%. E....as orquestras de Agosto sen pagar!.