6 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BETANZOS

 


Home / Novas / Concello / A RECEPCIÓN DAS OBRAS DAS AVENIDAS FRAGA

Concello

A RECEPCIÓN DAS OBRAS DAS AVENIDAS FRAGA IRIBARNE, LINARES RIVAS E GARCÍA NAVEIRAS FÍXOSE SEN INFORMES TÉNICOS

03/02/2010

 

No Pleno celebrado no mes de outubro de 2009 aprobouse a recepción das obras executadas pola Xunta de Galicia nas Avda. Fraga Iribarne, Jesús García Naveira e Linares Rivas pasando, a estrada, a ser de titularidade municipal.
O Grupo Socialista neste punto da orde do día solicitou que a proposta de recepción viñera acompañada por informes dos técnicos municipais que expresaran a execución e finalización de dichas obras. Esta posibilidade rexeitouna a Sra. Alcaldesa dicindo que non eran necesarios.
Debido ás numerosas polémicas habidas coa execución das obras a Sra. Alcaldesa expresou, repetidamente, nos medios de comunicación, que non recibiría estas vías en tanto as obras non estiveran en condicións para, posteriormente, nun alarde de falta de coherencia, recepcionalas sen tan sequera solicitar un informe aos técnicos municipais.
O Grupo Socialista ollamos con sorpresa que, despois de transcorridos cinco meses, os colectores soterrados nunca funcionaron, estando tapados con plásticos para que os veciños non depositen as bolsas nos mesmos. Isto pode afirmarse tamén sobre a situación das beirarrúas nalgunhas zonas nas que xa foi necesario proceder á súa reparación.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Rúa Venezuela, nº 34-36. baixo 15300 Betanzos (A Coruña) Tfno.: 981771274
E-mail: betanzos@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera