Agrupación Socialista de Betanzos Agrupación Socialista de Betanzos

Facebook Twitter
Show Navigation Hide Navigation
  • Inicio
  • Grupo Municipal
  • Executiva Municipal
  • Candidatura Eleccións Municipais
  • Programa

O PSOE de Betanzos impulsa a mellora da pasarela das Cascas e das beirarrúas da ponte Nova para reforzar a seguridade peonil

O grupo municipal socialista informa do inicio das obras de restauración da pasarela de madeira que conecta a zona das Cascas co …

O PSOE de Betanzos anuncia a inclusión do pump track no POS adicional como compromiso cumprido co deporte e a participación cidadá

“O pump track será unha realidade tal e como xa anunciamos e comprometemos”. A alcaldesa, María Barral, anunciou que o Concello incluirá na súa proposta de …

O Concello acondiciona todas as fontes do Camiño Inglés, entre elas a Diana Cazadora

O Goberno local de María Barral, a través da Asociación do Camiño Inglés, está a facer os traballos de mellora das fontes públicas que …

Betanzos conclúe a renovación da rúa peonil Imprenta Villuendas.  

O Goberno local concluíu as obras de urbanización da rúa Imprenta Villuendas, unha actuación que contou cun investimento de algo máis de 80.000 …

O PSOE de Betanzos continúa a mellorar o Pasatempo coa instalación dun sistema de depuración no estanque

O goberno municipal de Betanzos vén de instalar un sistema de bombeo e depuración natural no estanque do Pasatempo, co obxectivo de …

O PSOE de Betanzos impulsa a renovación dos parques infantís da Ribeira e Pintor Seijo Rubio cun investimento de máis de 200.000 euros

O goberno municipal de Betanzos, liderado por María Barral, continúa a avanzar na mellora dos espazos públicos destinados á infancia, coa licitación …

O PSOE de Betanzos impulsa a construción dunha pista cuberta de pádel no Carregal grazas ao POS+ da Deputación

O goberno municipal de Betanzos, liderado por María Barral, continúa apostando polo reforzo das infraestruturas deportivas da cidade. Aproveitando a segunda fase …

Barral destaca a repercusión de Betanzos no verán galego e sitúa en máis de 24 millóns de euros o impacto económico que se xera na cidade

A alcaldesa de Betanzos fixo hoxe balance dun verán que cualifica como “extraordinario” tanto pola participación cidadá como polo impacto económico xerado. …

Betanzos prepara a reapertura do Museo para decembro tras renovar todo o sistema de iluminación para potenciar as coleccións que alberga

O Concello ultima a adecuación do Museo de As Mariñas para a súa reapertura no mes de decembro unha vez realizados os traballos …

O Concello ábrelle expedientes a locais de lecer nocturno por incumprimento de horarios

O Concello acaba de abrir tres expedientes a locais de lecer nocturno polo incumprimento de horarios, unha medida que se enmarca na liña de …

Ler todos os artigos →

Facebook

PSdeG PSOE Betanzos

psdegpsoe_betanzos

Partido Socialista Obrero Español de Betanzos

🔴 Seguimos coidando Betanzos, día a día O Co 🔴 Seguimos coidando Betanzos, día a día

O Concello de Betanzos iniciou as obras de mellora da pasarela peonil de madeira que conecta As Cascas co parque do Pasatempo, unha infraestrutura moi utilizada pola veciñanza e que, pola súa exposición á humidade e o paso do tempo, precisaba unha intervención integral.

📅 Ao longo destes anos realizouse un mantemento continuo, pero a madeira —como calquera material— ten unha vida útil, e chegado o momento é necesario renovar as pezas afectadas para garantir a seguridade e a durabilidade da estrutura.

Esta actuación forma parte dun traballo planificado e sostido no tempo, que o executivo local leva meses preparando e que require da participación de empresas especializadas, xa que precisa certificacións e tratamentos técnicos específicos.

👷‍♀️ Somos conscientes de que cada día xorden incidencias en diferentes puntos da cidade, e con os medios dispoñibles chegamos onde podemos. O importante é a capacidade de resposta e actuación que demostra este goberno, que coñece Betanzos a pé de rúa e traballa con planificación, compromiso e sentido común.

💬 As redes sociais tamén axudan. Son unha ferramenta útil para escoitar, recoller propostas e detectar necesidades, igual que facemos cada día falando coa xente nas rúas. Porque o importante é sumar, colaborar e pensar no ben común.
✨ Este xoves, 2 de outubro, celebramos en Betanz ✨ Este xoves, 2 de outubro, celebramos en Betanzos o Día Internacional das Persoas Maiores cun acto conmemorativo no Salón Azul do Liceo, ás 19:00 horas.

🔹 O encontro será presentado pola nosa alcaldesa, María Barral Varela, e por Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral provincial.
🔹 Contaremos con tres intervencións de gran interese:
✅ Antonio Asensi, médico de familia → “Medicina de familia nas persoas maiores”
✅ Manuela Vilaboy Romero, pedagoga → “Illamento e soidade en maiores”
✅ Humberto Ramírez Fouz, director deportivo → “Deporte na xente maior”

🤝 Desde a Agrupación Socialista de Betanzos queremos poñer en valor o papel fundamental das persoas maiores na nosa sociedade, recoñecendo a súa experiencia, a súa contribución e a importancia de garantir o seu benestar.

📍 Agardámosvos este xoves no Liceo.

#DíaDasPersoasMaiores #Betanzos #PSdeG #PSOECoruña
📍 No pleno da semana pasada quedou claro quen d 📍 No pleno da semana pasada quedou claro quen defende a Betanzos e quen non.

✅ O Goberno Socialista aprobou a creación dunha pista de pádel no Carregal cun investimento que supera os 157.000 € grazas ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. A decisión responde a un criterio económico: encaixar o proxecto no orzamento dispoñible nesta convocatoria. 🎾💶

🚴‍♂️ O Pumptrack é unha vella e lexítima demanda dos clubes ciclistas de Betanzos. O Goberno Local recolleu esa petición e comprométese a facela realidade. Xa está incluído na folla de ruta deste equipo de goberno e executarase no próximo POS 2026. 📅

🛹 O Skatepark é un proxecto de moita maior dimensión que require máis de 400.000 €. Non pode financiarse a través do POS, pero segue sobre a mesa e o Goberno Local seguirá buscando fórmulas para facelo realidade. 💡

➡️ É dicir, nin o Pumptrack nin o Skatepark quedan esquecidos. Cada proxecto ten o seu tempo e o seu marco de financiamento. O Goberno Municipal mantén un compromiso firme con estas infraestruturas deportivas. 💪

⚠️ O máis grave foi ver como, por primeira vez na historia, o Partido Popular de Betanzos votou en contra de que o noso concello recibira unha subvención. Dicir non a máis de 157.000 € que chegan a Betanzos é dicir non ao futuro da nosa cidade. 🚫🏙️

🙅🏻Ao PP dálle igual Betanzos, só busca poñer paus nas rodas. A súa estratexia é clara: canto peor lle vaia a Betanzos, mellor para eles.

🌹 Desde o PSOE de Betanzos seguiremos traballando con responsabilidade para que non se perda nin un só euro de investimento no noso concello.

🔴 Non imos perder nin un euro para Betanzos.

😔 Lamentamos profundamente que o PP votara en contra dos intereses da nosa cidade.
🚧 Máis seguridade viaria para Betanzos Desde 🚧 Máis seguridade viaria para Betanzos

Desde a Agrupación Socialista de Betanzos queremos poñer en valor os traballos que se veñen realizando por todo o centro urbano da nosa cidade para mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade.

📍 Actuamos xa na zona da Ribeira, en Rúa do Rollo, en Alfonso IX e, nestes próximos días, tamén en Cal das Barras.

✅ A instalación de pasos elevados non só incrementa a seguridade vial, senón que tamén mellora a accesibilidade, especialmente para as persoas maiores, e garante desprazamentos máis seguros para todos os nenos e nenas que a diario acoden ao colexio e aos institutos.

ℹ️ Trátase de actuacións que cumpren estritamente con todas as condicións legais e técnicas. Os proxectos son elaborados e supervisados por profesionais, o enxeñeiro redactor do proxecto, o arquitecto técnico municipal e tamén polos técnicos da Deputación da Coruña.

💪🏼 Con estas intervencións seguimos avanzando cara a un Betanzos máis seguro, máis accesible e pensado para as persoas.

📷: Concello de Betanzos.
🔴 Melloras que chegan para quedar Cada vez que 🔴 Melloras que chegan para quedar

Cada vez que se acomete unha obra pública 🚧, sexa no CEIP Francisco Vales Villamarín 🏫 ou noutro proxecto da cidade, aparecen imprevistos técnicos, restos ocultos ou trámites que fan que os prazos se alonguen máis do que a veciñanza e os gobernos desexaríamos. É unha realidade que coñecemos ben en Betanzos, porque xa pasou coas melloras en Donas, cos parques infantís 🎠 ou co propio mercado municipal.

Desde o espazo onde temos responsabilidades institucionais, neste caso, o Concello de Betanzos, sabemos o que significa ter que dar explicacións cando as obras sofren retrasos ⏳. O Partido Popular de Betanzos non dubidou en criticarnos duramente neses momentos, esquecendo que os imprevistos e os atrasos son habituais en calquera proxecto público, tamén nos que executa a Xunta, como agora sucede no CEIP Francisco Vales Villamarín con fondos europeos 🇪🇺.

Por iso, fronte a quen busca sinalar e botar culpas, desde o goberno socialista tendemos a man 🤝 para a coordinación entre institucións. O importante é que as obras se fagan, que se fagan ben e que respondan ás necesidades da veciñanza, aínda que iso supoña máis tempo do previsto.

Porque o que permanece non son os retrasos, senón as melloras que desfruta a cidadanía durante décadas 🌳. https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2025/08/20/concello-coordina-vales-villamarin-inicio-120793706.html?utm_content=link&utm_medium=social&utm_campaign=echobox&utm_source=Facebook&fbclid=IwQ0xDSwMVEvlleHRuA2FlbQIxMQABHlqfHJ3ZIat95Or3hk_drqN2kLXazoPtddO5f9lc11N-ihfVkQMa5SsnWpr2_aem_4vIDI021B851LfVeKPisMg#Echobox=1755704915
🎉 Comezan as festas de San Roque 2025! 🎉 Ho 🎉 Comezan as festas de San Roque 2025! 🎉

Hoxe arrincan uns días moi especiais para Betanzos. Este ano, ademais de gozar da nosa tradición, celebramos o 150 aniversario do Globo de San Roque, un símbolo que une xeracións e que nos enche de orgullo.

Queremos felicitar a Hugo Suárez Blanco, representante das Festas de San Roque, que está a ser un magnífico embaixador destes días grandes, levando con orgullo o nome da nosa cidade e compartindo con todos nós a súa alegría e implicación.

E tamén temos a honra de contar con Óscar Gilsanz González, betanceiro, magnífico e pregoeiro deste San Roque 2025, co que compartimos a ilusión de abrir oficialmente unhas festas que serán históricas.

San Roque é alegría, encontro e emoción. É música nas rúas, arrecendo a comida tradicional, familias que se volven ver… e todo cunha luz especial neste 2025.

💛 Viva San Roque
💛 Viva Betanzos
🌹 Espectacular alfombra efémera elaborada polo 🌹 Espectacular alfombra efémera elaborada polo grupo Cidae Galicia diante da igrexa de Santo Domingo para celebrar o 150 aniversario do globo de Betanzos.

🎨 O mosaico foi creado ao longo do día de onte coa colaboración de persoas usuarias do centro Pai Menni, que achegaron creatividade, cor e moita ilusión.

🏛️ O Concello de Betanzos asumiu os custos da plantilla empregada, facendo posible esta intervención artística que enriquece a nosa cidade nestas datas tan especiais.

📸 Animádevos a visitala durante estes días, sempre respectando a súa integridade, e desfrutade desta marabillosa mostra de arte efémera que une talento, inclusión e tradición.

#PensandoEnBetanzos
Fotos: Concello de Betanzos
🚧 Baixada do Rollo · Work in progress 🔋 🚧

Desde o goberno municipal seguimos a traballar para facer de Betanzos unha cidade máis segura e cómoda para todas e todos.

Na baixada do Rollo instalamos tres lombos de asno e un paso de peóns elevado, medidas que axudarán a reducir a velocidade e mellorar a seguridade viaria na zona.

Ademais, estamos a actuar á altura do número 62 do Rollo, coa renovación de beirarrúas, a colocación de novo pavimento e o arranxo da explanada, dando resposta a unha antiga demanda das veciñas e veciños do barrio de 🔋.

📆 Os traballos rematarán o próximo luns.
🚫 A explanada permanecerá pechada á circulación e o tráfico no Rollo estará cortado ata mañá.

✅ Máis seguridade
✅ Mellor accesibilidade
✅ Resposta ás necesidades do barrio

💪 Seguimos avanzando, mellorando cada día Betanzos barrio a barrio.

#PensandoEnBetanzos 🌹
Betanzos entra no mapa dos grandes festivais galeg Betanzos entra no mapa dos grandes festivais galegos co nacemento do Mariñas Sound 🎶🌟

Un evento que reuniu a preto de 3.000 rapaces e rapazas no Pasatempo, convertendo a nosa cidade nun referente comarcal en festivais xuvenís.

Un éxito froito do traballo do goberno municipal socialista 💪🌹, que apostou por un novo formato cultural e de ocio para a mocidade, tal e como comprometéramos no noso programa electoral 🗳️📘.

Desde a área de Xuventude, seguiremos traballando man a man coa xente moza en novas propostas que verán a luz a finais de ano e ao longo de 2026 🔜🎤. Porque apostar pola xuventude é apostar polo futuro de Betanzos ❤️
#PensandoEnBetanzos
🔴 En Betanzos, co PSOE no goberno, activamos ax 🔴 En Betanzos, co PSOE no goberno, activamos axudas para que as familias con menos recursos poidan facer fronte ao custo da súa vivenda habitual
Desde o 31 de xullo está aberta a convocatoria de axudas extraordinarias para o pagamento do alugueiro ou da hipoteca, cunha dotación de preto de 70 000 euros, cofinanciada pola Deputación da Coruña.

📅 Prazos, requisitos e solicitudes na web do Concello 👉 novas.betanzos.es

💬 “Axudamos ás persoas que máis o precisan porque as políticas sociais non se anuncian, practícanse”
🌹 Coas nosas veciñas e veciños, sempre. O eq 🌹 Coas nosas veciñas e veciños, sempre.

O equipo de goberno socialista estivo —como cada ano— nos Caneiros en Familia🎉, compartindo coa xente unha das festas máis queridas e identitarias de Betanzos 🏞️.

Porque gobernar tamén é participar 🤝, sentir 🎶 e estar onde está o pobo 🫶.

Hai quen só aparece para criticar 👀… Nós preferimos sumar, vivir e coidar o que é de todos e todas 💪.

👉 Os Caneiros son moito máis que unha tradición: son parte do que somos. E nós estamos sempre ao seu carón 🚣‍♀️🌿.

SOMOS EQUIPO ❤️
🔴 MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS EN PARQUES INFAN 🔴 MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS EN PARQUES INFANTÍS EN BETANZOS
🛝👶🌳

Desde o goberno socialista seguimos a transformar Betanzos pensando na infancia e no espazo público.

👉 10 actuacións concretas en parques infantís:

🛝 Xa renovado
Piscina municipal → 50.000 €

🛝 Xa construídos (apertura primeira semana de agosto)
Rúa Travesa
Rúa de Cabildos
Praza do Emigrante
➡️ Máis de 782.000 € no casco histórico

🛝 En licitación ou pendentes de execución
Viuxe → preto de 90.000 €
Ribeira → 75.000 €
Condesa → 144.000 €
Pintor Seijo Rubio
🔹 Renovación → 93.000 €
🔹 Cuberta → 188.000 €
Pasatempo → parque temático → 300.000 €
🧰 Mantemento e certificacións → 50.000 €
🏙️ Total investido → preto de 2 millóns de euros

🚸 Os parques son un dereito
🙌 Coidémolos entre todos e todas
🌅 Bonita tarde no Río Mandeo acompañando na t 🌅 Bonita tarde no Río Mandeo acompañando na travesía náutica á Asociación Amigos dos Ríos de Betanzos (ARBE), navegando río abaixo ata a ponte do Pedrido e regresando ao porto de Betanzos, gozando dunha travesía moi agradable e en boa compañía.

🚶‍♀️ A continuación, arredor das 20:30 h, a alcaldesa María Barral, acompañada de concelleiras e concelleiros do goberno municipal, participou na procesión da Virxe do Carme, acompañando á imaxe xunto ás Danzas Gremiais - Xóvenes do Pobo, mantendo viva unha tradición tan querida pola veciñanza.

🙏 Agradecemos sinceramente a ARBE e ás Danzas Gremiais a súa invitación para compartir con elas e eles unha xornada tan especial para Betanzos.

#PensandoEnBetanzos ❤️🌹🌹
📅 Hoxe é 25 de xullo, Día de Galicia Un día 📅 Hoxe é 25 de xullo, Día de Galicia
Un día para lembrar quen somos e todo o que compartimos como pobo.

Desde o 🌹 PSOE de Betanzos queremos expresar o noso orgullo de formar parte desta terra
📚 diversa, 💪 traballadora e 🌱 con futuro.

Seguimos comprometidos coa defensa da nosa lingua 🗣, da nosa cultura 🎭 e dos dereitos da nosa xente 🤝.

Celebramos Galicia cada día, tamén desde o local
Porque construír Galicia é tamén coidar de Betanzos 🏛️

🎉 Feliz Día de Galicia
🖤 COMUNICADO DE PÉSAME DA AGRUPACIÓN SOCIALIS 🖤 COMUNICADO DE PÉSAME DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BETANZOS

Desde a Agrupación Socialista de Betanzos queremos expresar o noso máis fondo pesar polo falecemento do compañeiro e amigo Julio Sacristán de Diego, quen durante tantos anos foi alcalde de Culleredo e unha figura clave do socialismo galego e do municipalismo en todo o Estado.

A súa traxectoria política e institucional deixa unha pegada fonda non só no seu concello, senón en toda a provincia da Coruña e no conxunto da nosa organización. Desde a Agrupación de Betanzos sempre sentimos un profundo respecto e un especial cariño pola súa figura, tanto no eido orgánico como institucional. A colaboración entre os gobernos locais de Culleredo e Betanzos, na etapa compartida de goberno socialista, foi exemplo de cooperación leal e eficaz ao servizo da veciñanza.

Ademais, moitos compañeiros e compañeiras da nosa agrupación tiveron a honra de traballar ao seu carón na Executiva Provincial durante a súa etapa como secretario provincial do PSdeG-PSOE. Todos eles lembran con gratitude a súa capacidade de traballo, a súa humildade e a súa firme defensa dos valores socialistas.

Marcha un referente político, un exemplo de compromiso coa xente, coa democracia e co municipalismo. Marcha un compañeiro que fixo de Culleredo un concello moderno, próximo e de referencia en Galicia. O seu legado perdurará a través das políticas e dos proxectos que impulsou e que hoxe seguen mellorando a vida da cidadanía.

A súa perda dóenos profundamente. Desde a Agrupación Socialista de Betanzos trasladamos á súa familia, aos seus compañeiros e compañeiras do PSdeG e a todo o pobo de Culleredo a nosa máis sincera aperta e todo o noso afecto nestes momentos tan difíciles.

Descansa en paz, Julio.
O teu exemplo seguirá guiando o noso camiño.

Agrupación Socialista de Betanzos.
O equipo de goberno acompañou un ano máis á vec O equipo de goberno acompañou un ano máis á veciñanza na Feira Medieval de Betanzos 🏰 unha cita que xa forma parte do corazón da nosa cidade e que enche as rúas de historia, vida e orgullo compartido 🎭🛍️

Esta feira naceu da man dun goberno socialista que apostou por recuperar o noso centro histórico e dinamizar a economía local sen perder as nosas raíces 💪 co paso dos anos, a Feira Medieval consolidouse como unha das grandes citas culturais de Galicia grazas ao traballo conxunto do Concello e á implicación de asociacións, artistas, comerciantes, hostaleiros e de toda a cidadanía 🤝

Queremos dar os parabéns a Xan Munín 👏 pregoeiro desta edición, polo seu discurso agarimoso e cheo de sentimento que conectou co corazón de Betanzos ❤️

Seguimos traballando con ilusión para que a nosa cidade continúe medrando con orgullo, cultura e participación 🙌

VIVA BETANZOS!!!!
🚍 BETANZOS NON PODE AGUANTAR MÁIS INCUMPRIMENT 🚍 BETANZOS NON PODE AGUANTAR MÁIS INCUMPRIMENTOS DO PP NAS LÍÑAS DE AUTOBÚS! ❌

A nosa alcaldesa, María Barral, volveu reiterar ante a Dirección Xeral de Mobilidade a urxencia de melloras nas liñas de autobús da área metropolitana:

🔴 Máis frecuencias
🔴 Mellor información para as persoas usuarias
🔴 Conexións reais cos polígonos e coa universidade
🔴 E marquesiñas en bo estado e dignas!

👉 Non é admisible que, ano tras ano, a Xunta de Galicia e o Partido Popular miren para outro lado mentres Betanzos e a súa veciñanza seguen sufrindo un servizo precario.

😠 ¡Abonda xa de promesas baleiras!
✊ Dende a Agrupación Socialista de Betanzos esiximos solucións reais xa, porque a mobilidade é un dereito, non un privilexio.

📢 Estaremos sempre do lado da veciñanza, defendendo os intereses de Betanzos fronte á deixadez da Xunta e do PP. 🗞️ https://novas.betanzos.es/betanzos-reitera-ante-a-direccion-de-mobilidade-a-sua-peticion-de-melloras-nas-frecuencias-dos-autobuses-na-informacion-aos-usuarios-e-nas-conexions-cos-poligonos-e-universidade/
Desde a Agrupación Socialista de Betanzos queremo Desde a Agrupación Socialista de Betanzos queremos expresar todo o noso apoio e cariño a Carlos Arévalo ❤️

Carlos é de Betanzos, é un dos nosos, e leva toda a vida representando á nosa cidade e a este país con entrega, esforzo e dignidade.

Desde neno, na ría e no seu clube, foi medrando ata converterse nun dos mellores piragüistas do mundo. Levounos ao máis alto en mundiais, europeos e Xogos Olímpicos, sempre con humildade e sen esquecer nunca as súas raíces.

Por iso resulta incomprensible e doloroso ver que, unha vez máis, ten que loitar contra decisións que non están á altura do seu traballo e da súa traxectoria. Seguimos sen entender a posición da Federación Española de Piragüismo.

Carlos non ten que demostrar nada. É un orgullo para Betanzos, para Galicia e para todo o deporte español 🏅

Merece respecto, confianza e estabilidade para seguir facendo historia.

Carlos, a túa xente está contigo. Betanzos está contigo. Nós estamos contigo.
🌈 Día Internacional do Orgullo LGTBI+ Hoxe é 🌈 Día Internacional do Orgullo LGTBI+
Hoxe é un día para visibilizar, reivindicar e avanzar.

Desde o PSOE de Betanzos reiteramos o noso compromiso coa igualdade, a diversidade e os dereitos de todas as persoas, sexan como sexan, ámen a quen ámen e vivan como decidan vivir.

🚫 Non imos dar un paso atrás fronte ao odio, os discursos de intolerancia ou os intentos de recortar dereitos.

✊ Seguiremos traballando por un Betanzos máis xusto, libre e igualitario para todas e todos.
🚨 O PP de Betanzos retira a súa moción sobre 🚨 O PP de Betanzos retira a súa moción sobre o comedor escolar… porque todo era mentira. 🤥 

📸 Hai uns días presumían dunha foto coa Xunta, falando dun gran aumento na axuda desta administración ao Concello . Hoxe, no pleno, retiran a súa moción porque non tiñan nada real nin serio que defender. Había un erro nos cálculos, e por tanto ese aumento non era tal.Todo era fume.

🤝 A Xunta de Galicia utiliza ao PP de Betanzos para facer propaganda partidista...e propaganda non real.

💬 Mentres eles xogan a confundir, o Concello de Betanzos segue garantindo un comedor público, accesible e de calidade, sen ser da súa competencia.

👎 O PP lanza bulos 
❤️🌹 Nós traballamos con feitos e responsabilidade.

#PensandoEnBetanzos

Foto original : Populares Betanzos
Follow on Instagram

Últimas Novas

  • O PSOE de Betanzos impulsa a mellora da pasarela das Cascas e das beirarrúas da ponte Nova para reforzar a seguridade peonil
  • O PSOE de Betanzos anuncia a inclusión do pump track no POS adicional como compromiso cumprido co deporte e a participación cidadá
  • O Concello acondiciona todas as fontes do Camiño Inglés, entre elas a Diana Cazadora
  • Betanzos conclúe a renovación da rúa peonil Imprenta Villuendas.  
  • O PSOE de Betanzos continúa a mellorar o Pasatempo coa instalación dun sistema de depuración no estanque

De que falamos

Baloncesto deportes infraestruturas maría barral medio ambiente obras parque Santo Domingo servizos sociais

Estamos aquí


Ver Sede Local PSdeG

© 2025 Agrupación Socialista de Betanzos. Rúa Venezuela nº 34-36 - 15300 Betanzos (A Coruña)